Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jones El-Abdellaoui, operado de "maneira satisfactoria" da súa lesión de xeonllo

Jones El-Abdellaoui, operado de "maneira satisfactoria" da súa lesión de xeonllo

Trasladouse a Noruega por motivos familiares e regresará a Vigo nos próximos días para continuar coa súa recuperación

Foto Europa Press Foto Europa Press
G24.gal 23/09/2026 17:29 Última actualización 23/09/2026 17:32

O extremo internacional sub-21 marroquí Jones El-Abdellaoui  operado de maneira satisfactoria da súa lesión de xeonllo esquerdo, segundo informou o Celta. O futbolista celeste, que non puido disputar os últimos tres partidos oficiais -fronte a Málaga e Rácing en LaLiga EA Sports e contra o Omonia na liga Europa-, pasou polo quirófano debido á presenza de “un pequeno corpo articular libre” no xeonllo que estaba a provocar dor.

Aproveitando a longa parada que vivirá a Liga polos compromisos internacionais das seleccións nacionais, o xogador e os servizos médicos do Celta acordaron o seu paso polo quirófano en Noruega, onde se trasladou por motivos familiares.

O xogador regresará a Vigo nos próximos días para continuar coa súa recuperación.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos