Cargando resultados...
Jones El-Abdellaoui opérase hoxe en Noruega da súa lesión de xeonllo
Trasládase a Noruega por motivos familiares
G24.gal
23/09/2026 12:11
Última actualización 23/09/2026 12:15
O extremo internacional sub-21 marroquí Jones El-Abdellaoui será operado este mércores en Noruega da lesión que sofre no xeonllo esquerdo, segundo informou o Celta. O futbolista celeste, que non puido disputar os últimos tres partidos oficiais -fronte a Málaga e Racing en LaLiga EA Sports e contra o Omonia na liga Europa-, terá que pasar polo quirófano debido á presenza de “un pequeno corpo articular libre” no xeonllo que estaba a provocar dor.
Aproveitando o longo parón que vivirá a liga polos compromisos internacionais das seleccións nacionais, o xogador e os servizos médicos do Celta acordaron o seu paso polo quirófano en Noruega, onde se trasladou por motivos familiares.