Publicador de contidos

Publicador de contidos

Giráldez, resignado: "Estamos nese momento en que todo sae cruz"

Giráldez, resignado: "Estamos nese momento en que todo sae cruz"

O técnico galego avogou por “seguir confiando” no que están a facer, porque ese é “o camiño” que os levou a conseguir dous billetes consecutivos para a Liga Europa

Foto EFE
G24.gal 17/09/2026 12:53 Última actualización 17/09/2026 13:02

O adestrador do Celta, Claudio Giráldez, considerou inxusta a derrota do seu equipo ante o Omonia de Nicosia (1-0) na xornada inaugural da fase liga da liga Europa.

“O partido estaba totalmente inclinado cara á portería rival. Estamos nese momento no que todo sae cruz: as pequenas finalizacións preto da portería que tivemos estiveron a un centímetro de entrar; o fóra de xogo no gol anulado; a man que parece que é e non é; e ata que dous laterais do equipo rival disparen dous tiros ao pau”, analizou.

En conferencia de prensa, o técnico galego avogou por “seguir confiando” no que están a facer porque ese é “o camiño” que os levou a conseguir dous billetes consecutivos para a segunda competición continental.

“Entendo que o noso grao de acerto e o do rival non será sempre así”, apuntou Giráldez, que destacou “a orde” do equipo chipriota durante todo o encontro.

“Xuntáronse moito preto da portería cando tocou e tiveron sensación de perigo cando se puideron despregar. É un equipo da competición europea na que estamos, que ten un nivel parello. A Satka xa o coñeciamos de antes e ten moi bo nivel.”, comentou.

Giráldez entende que “o mellor” que lle pode pasar ao seu equipo é que chegue “canto antes” o partido de Liga contra o Racing de Santander porque necesitan reverter a mala dinámica na que se atopan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade