A falta de ideas condena tamén ao Celta en Europa (1-0)
Marcou Balkovec no 87' o único gol do encontro
O mellor do Celta volveu ser Radu, evitando un marcador máis amplo
Chegaba o Celta de Vigo a Nicosia con ganas de desfacerse das pantasmas da Liga e comezar de cero nunha nova competición. Pero o Celta de Eurpa League foi o mesmo que o da competición doméstica. Manexando o balón con lentitude, chegando á área rival sen ideas e con moi poucos disparos a porta.
O Omonia parecía chegar con moitísima facilidade e disparaba con máis intención á portería de Radu, que volveu ser santo con varias paradas de nivel que evitaban a vitoria local. Ata que no 87', cando todo parecía levar ao empate, un balón disparado por Balkovec moi lonxe da portería pillou por sorpresa ao porteiro celeste, que non reaccionou a tempo. O Celta encaixaba o gol para poñer o 1-0 definitivo neste primeiro encontro de Europa League.