Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Dépor perde o primeiro da temporada ante o Sevilla (0-1)

O Dépor perde o primeiro da temporada ante o Sevilla (0-1)

Yeremay e Angeliño foron titulares

Angeliño foi expulsado con vermello directo pouco despois do gol

G24.gal 16/09/2026 21:04

Hoxe non foi a noite do Deportivo da Coruña. No seu partido máis gris chegou a primeira derrota da temporada. O Sevilla, moito máis conectado durante os 90 minutos, viu o premio á súa constancia no segundo tempo co gol de Miguel Sierra. Aproveitou un rexeitamento na área logo dunha gran xogada individual de Stassin que desviaba Leo Román. 

Pouco despois, Angeliño, no que foi o seu debut, chegaba tarde a unha xogada e provocaba unha falta. Cartón vermello directo. O Dépor quedaba cun xogador menos xusto cando máis o necesitaba para optar a empatar o encontro. 

Máis alá da inferioridade numérica, non foi o mellor partido do Deportivo, que se viu sobrepasado polo Sevilla durante boa parte do encontro e sen capacidade para xerar ocasións. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade