O Dépor recibe a un Sevilla máis descansado: "Teremos que axustar pezas"
Hidalgo, con pasado sevillista, afronta con ilusión o partido
O Dépor búscalle saída a Gijselhart: "xa non adestrou"
O Deportivo da Coruña chega ao partido deste mércores ante o Sevilla con dous días menos de descanso que o seu rival. O Dépor xogou o domingo e o Sevilla, o venres. Algo que, admite Hidalgo, provocará que teña que "axustar pezas".
É complicado unha xornada intersemanal tan cedo. Hai que axustar pezas. Veremos como van recuperándose os xogadores.
O partido co Sevilla será ademais moi especial para o técnico deportivista, de familia sevillana, e que estivo adestrando ao Sevilla Atlético entre o 2022 e o 2023. Quixo destacar do rival o seu "gran comezo de temporada, rendindo a un gran nivel".
Na súa comparecencia previa ao partido abordou tamén a situación de Teun Gijselhart. O xogador neerlandés, chegado no mercado deste verán, non está xogando. Admitiu que o club lle está buscando unha saída en forma de cesión para que poida ter os minutos que no Dépor non está tendo logo da chegada de Marc Casadó.