Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pierre Aubameyang ameaza o Sevilla

Pierre Aubameyang ameaza o Sevilla

O gabonés suma cinco goles noutros tantos partidos

O Dépor marcou nas cinco xornadas e xa suma nove goles, tres máis dos que encaixou

Foto Europa Press Foto Europa Press
G24.gal 15/09/2026 13:47 Última actualización 15/09/2026 13:52

O gran momento de forma do dianteiro gabonés Pierre-Emerick Aubameyang, que xa suma cinco goles noutros tantos partidos, e a solidez que está a mostrar o Deportivo na súa volta a Primeira propoñen este mércores un enorme desafío para o Sevilla en Riazor.

Ambos os equipos presentan números moi similares neste arranque de curso, coa única diferenza de que o Dépor segue invicto e o Sevilla, que suma un punto máis (10), caeu ante o Atlético de Madrid.

O prometedor arranque de tempada do conxunto dirixido por Antonio Hidalgo ten a súa explicación na pegada que está a exhibir. Marcou nas cinco xornadas e xa suma nove goles, tres máis dos que encaixou.

A nivel defensivo, o Dépor segue sufrindo cando é sometido polo rival e encérrase preto da súa área, lastrado especialmente polo corte máis ofensivo dos seus centrocampistas. A chegada do uruguaio Josema Giménez debería de axudarlle a suplir esa falta de contundencia, personalizada especialmente nos máis mozos Lucas Noubi (21 anos) e Bright Ede (19).

O partido de mañá suporá, ademais, o reencontro de Antonio Hidalgo e Luismi Cruz co Sevilla. O adestrador catalán dirixiu unha tempada ao filial sevillista antes de dar o salto ao Huesca, mentres que o extremo se formou nas categorías inferiores do club andaluz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade