Marc Casadó ve un Deportivo con "moitas ganas" e unha "ambición incrible"
Casadó xa estivo na órbita deportivista hai tres anos, cando xogaba no filial do Barcelona
Nado en Sant Pere de Vilamajor (Barcelona) o 14 de setembro de 2003, Marc Casadó Torras formouse como futbolista nas categorías inferiores do F. C. Barcelona, consolidándose na Masia como un pivote de referencia pola súa intelixencia táctica, capacidade de recuperación e excelente visión de xogo no centro do campo.
Despois de ser o capitán do Barça Atlètic e de debutar co primeiro equipo azulgrana, co que acadou títulos nacionais e acumulou experiencia no fútbol de máxima esixencia, Casadó dá o salto ao R. C. Deportivo en calidade de cedido para a tempada 2026/27. Coa súa chegada a Riazor, o pivote catalán busca asumir galóns, ter continuidade e ser a peza clave na medular do conxunto branco e azul.
"Temos moitas ganas e unha ambición incrible".
"Hai que lograr a salvación e despois tentar facer algo máis grande".
Marc Casadó xa estivo na órbita deportivista hai tres anos cando xogaba no filial do Barcelona. Coa súa incorporación ao proxecto branco e azul, o centrocampista catalán afronta este reto coa máxima ilusión de amosar todo o seu potencial e converterse nun referente do medio campo deportivista en Primera División.