Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remonta exprés do Pontevedra en León para asentarse na zona de privilexio (1-2)

Remonta exprés do Pontevedra en León para asentarse na zona de privilexio (1-2)

Logo do gol de Delgado, os granates déronlle a volta ao marcador en so dous minutos por medio de Yelko e Elejalde

No tempo engadido foi anulado o empate da Cultural, que inicialmente subía ao marcador

Foto: @PontevedraCFSAD
G24.gal 24/10/2026 23:20

O Pontevedra deu un golpe de autoridade no Reino de León, un dos campos difíciles da Liga, no que foi quen de remontar o partido en so dous minutos. Entre o 57 e o 59, os de Rubén Domínguez remontaron o tanto inicial de Delgado para acadar unha vitoria crucial, que os mete de cheo na loita polo ascenso.

Porque os pontevedreses están a recuperar o seu ritmo. En León acadaron a segunda vitoria consecutiva, e repiten a serie inaugural da temporada, antes de estar cinco xornadas sen gañar.

O triunfo non foi sinxelo, porque a Cultural adiantouse axiña. Foi no minuto 13, cando Delgado abría a conta.

A remonta cocinouse en so dous minutos, os que van do 57 ao 59. A igualada asinouna Yelko Pino, antigo xogador da Cultural. E Elejalde anotaba o 1-2 que colocaba os galegos con vantaxe.

Tocaba aguantar o resultado, pero a CUltural puxo cerco á área galega, e atopou otanto do empate no 95. O gol, despois da revisión, foi anulado por fóra de xogo. A vitoria coloca ao Pontevedra de sexto con 14 puntos. A 8 do líder, pero empatado co Mirandés, que arestora ocupa praza de promoción de ascenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade