Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UD Ourense perde no campo do Arenas, pechacancelas da Liga (2-0)

A UD Ourense perde no campo do Arenas, pechacancelas da Liga (2-0)

Os das Burgas non puideron cun rival que quedou con 10, aínda que David Ferreiro tamén acabaría expulsado

Foto: @UDOurense2014
G24.gal 24/10/2026 19:28

A visita a Guecho acabou provocando mareos nos ourensanistas viaxeiros que viron como o seu equipo perdía ante un rival directo nun partido no que pasaron moitas cosas. No que o ecuatoguinenano Akogo gobernou o partido o seu antollo. No que a falta de contundencia defensiva permitiu que a pelota lle caera a Cortés e marcara o un a cero no minuto vintesete. Antes do descanso, Akogo tivo o dous a cero, pero Manu Vizoso respondeu cunha magnífica intervención.

A volta da caseta, o encontro púxoselle de cara os de Juan Carballo coa expulsión de Lekuna por derrubo a Xabi Domínguez cando encaraba portería. Baldrich e Gandarillas tiveron o un a un en dúas claras oportunidades que non se concretaron pola mala sorte e o acerto do meta Obón.

Para colmo, en lugar do empate, o que chegou foi o dous a cero nun penalti por derrubo de Champi, que ademáis lle custou o cartón amarelo. Torres encargouse de lanzar e de marcar o seu terceiro tanto na Liga.

Seguiuno tentando o Ourense consciente da importancia do partido, pero tropezaron con ese principio da ley de Murphy que dí que todo o que vai mal pode empeorar. E iso fo precisamente o que pasou xa que a trece minutos do final sufriron a expulsión de David Ferreiro.

Aínda así Baldrich dispuxo dunha ultima ocasión para acurtar diferenzas pero volveu chocar cun espléndido Obón e o Ourense igualar no cabeiro da clasificación.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade