Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mirandés-Rácing, duelo de aspirantes en Anduva (16:30h, TVG a AGalega)

Mirandés-Rácing, duelo de aspirantes en Anduva (16:30h, TVG a AGalega)

Os dous equipos teñen a aspiración do ascenso, pero o Mirandés acaba de cambiar de adestrador polos malos resultados

G24.gal 24/10/2026 13:27

Esta tarde ás catro e media, na TVG e AGalega.gal, veremos o encontro do Rácing de Ferrol. Visita o campo do Mirandés. 

O Rácing é o terceiro clasificado logo de encadear tres vitorias seguidas nas que deixou a súa porta a cero. A súa fortaleza defensiva é un reto para o rival, no que se estrea no banco Aday Benítez.

Separados agora por cinco puntos, Racing e Mirandés están chamados a ser rivais directos no obxectivo do ascenso. "non creo no tema das series de resultados, porque non creo en mirar o pasado", indicaba na previa o técnico departamental, Javi Vázquez. "Estamos vaticinando cousas, porque hai un adestador novo. É un partido que mola, porque hai que estar atentos", finalizaba.

Pola súa banda, Aday Benítez, que substituíu no banco a Antxón Muneta tras a derrota en Barakaldo, estréase gabando aos racinguistas: "Vendo ao Rácing, hai que estar por riba do 6 ou o 7, porque se non vainos gañar. Está o Lugo de primeiro, pero podería ser o Rácing"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade