Publicador de contidos

Publicador de contidos

Club Deportivo Lugo imponse ao Fabril e reafirma o seu liderado na categoría (3-0)

Club Deportivo Lugo imponse ao Fabril e reafirma o seu liderado na categoría (3-0)

Chiqui , Alán Godoy e Pere Haro anotaron os tantos do equipo lucense

O equipo de Manuel Pablo competiu de ti a ti pero faltoulle acerto nos metros finais

O deportivista Noé Carrillo reforzou ao filial coa mala nova de mancarse durante a segunda metade

@CDeportivoLugo
G24.gal 17/10/2026 17:06

O Club Deportivo Lugo de Borja Fernández segue con paso firme na súa traxectoria na Primeira Federación e seguirá coma lider tras derrotar ao Fabril nun partido onde os herculinos tiveron as súas opcións pero careceron do acerto necesario para poder levarse algún punto do Anxo Carro. 

Custoulle entrar no partido o líder da categoría. Os canteiráns deportivistas saíron sen complexos e Martín Ochoa gozou da primeira ocasión do partido tras un bo centro de Rubén López que rematou de cabeza lambendo o pau da meta de Marc Martínez. Tardaría en replicar o equipo albivermello que puido adiantarse tras unha xenialidade de Arturo Palma en banda dereita que rematou Rufo pero á que respondeu Hugo Ríos cunha boa intervención. O partido era de ida e volta e poucos minutos despois Kevin Sánchez desaproveitaría un gran centro de Martín Ochoa rematando de cabeza contra o corpo do meta lucense. E no intercambio de golpes saíu gañador o equipo local que antes do descanso adiantábase no marcador tras un erro monumental na saída de balón do meta deportivista que aproveitaría Chiqui para inaugurar o marcador a cinco minutos de chegar ao descanso.

Tras o descanso estivo a piques de igualar o filial herculino pero Kike Hermoso salvou sobre a liña de gol un remate de Guerrero tras unha acción persoal por banda dereita. Os de Borja Fernández buscaban as contras para sentenzar o partido. Mo Dauda errou en dúas ocasións pero o seu sustituto no partido, Alan Godoy, non desaproveitaría unha rápida acción colectiva para bater a Hugo Ríos cun remate suave picando o balón por riba do meta fabrilista. Xa no desconto chegaría o terceiro tanto local tras un remate a pracer de Pere Haro despois dun centro de Kevin Presa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade