Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra cae co Mérida (1-2) e encadea cinco xornadas sen gañar

O Pontevedra cae co Mérida (1-2) e encadea cinco xornadas sen gañar

O tanto de Gaye no engadido non lles abondou aos de Rubén Domínguez, superados polos extremeños

Os granates quedan con 8 puntos na parte baixa da táboa

Foto: @PontevedraCFSAD
G24.gal 11/10/2026 19:00

Nun partido de escasa produción ofensiva, o Pontevedra foi menos co Mérida e apañou unha derrota merecida, que transmite malas sensacións no conxunto granate. 

Foron só tres disparos a porta en todo o partido. Antes, as accións atacantes do Mérida, que tampouco forn excesivas. Iso si, nunha delas marcou gol. Marcou Nacho González aos 27 minutos.

O árbitro, xa en directo, indicou unha falta sobre David Alba. Non chegou o 0-1 daquela pero si o fixo no engadido do primeiro tempo. Foi nun saque de banda no que os granates están pouco contundentes. Marca Sofiane.

Como xa pasou noutras ocasións, o Pontevedra deu un paso adiante no segundo tempo, con dous trocos no intermedio. E disparou dúas veces a porta antes do gol. Nin Yelko, de falta directa, nin Comparada, ao rematar un balón parado lateral poden superar ao gardameta do Mérida.

Cun Pontevedra envorcado infructuosamente, o que chegou foi o 0-2. Xírase Hallsson e desde lonxe sorprende a Marqueta. O gol do islandés paracia deixar as cousas vistas para sentanza.

Ou case, porque os de Rubén Domínguez tiveron un último arreón. Marcou Pape Gaye cun bo disparo que lle esvarou ao porteiro estremeño. Gol para unha esperanza fugaz pois non tivo tempo o equipo galego para reconducir un desenlace xa anunciado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade