Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Baxi Ferrol derrota ao Estepona nunha Malata inexpugnable (84-72)

O Baxi Ferrol derrota ao Estepona nunha Malata inexpugnable (84-72)

As ferrolás gañaron os seus dous partidos como locais

Foto: @UniFerrol
G24.gal 11/10/2026 20:06

Na Liga Feminina, o Baxi Ferrol faise forte na Malata. Esta tarde acadou a segunda vitoria noutros tantos partidos xogados na casa.

As departamentais comezaron ben o encontro, incluso cun chisco de sorte coma nunha tripla de Claire Melia sobre a bucina de posesión. Pero o Estepona reaccionou e chegou a ter once puntos de vantaxe. Se cadra non foron máis pola gran actuación de Maggie Doogan. 14 dos 38 puntos do Baxi no primeiro tempo levaron a súa sinatura.

A vitoria xestouse desde a defensa, apertando atrás e correndo á contra. 26-14 nos derradeiros dez minutos e 84-72 final. 38 puntos de Maggie Doogan, que con 40 de valoración apunta a MVP da xornada

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar