Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ensino vence ao Araski no Pazo (76-63)

O Ensino vence ao Araski no Pazo (76-63)

O equipo lugués acadou o seu primeiro triunfo desta Liga

O Celta Femxa Zorka apañou a terceira derrota en tres partidos, por 52-83 co Zaragoza

Ás 18:00h desta tarde veremos na G2 e en AGalega.gal o encontro entre o Baxi Ferrol e o Jairis

Foto: @Araski / Rebeca Fernández
G24.gal 11/10/2026 14:52

O Durán Maquinaria Ensino acadou o seu primeiro triunfo nesta nova temporada da Liga Feminina. Superou ao Araski por 76 puntos a 63. Un bó segundo cuarto, tras un inicio igualado, foi chave para a vitoria das luguesas, que souberon administrar a súa vantaxe na recta final do choque.

A sueca Matilda Ekh foi a máxima anotadora con 21 puntos. 

Foto: @casademontBZ Foto: @casademontBZ

Pola súa banda, o Celta Femxa Zorka perdeu ante o Zaragoza por un contundente 52 a 83. Terceira derrota en tres partidos para as viguesas.

A xornada para as galegas complétase esta tarde, co Baxi Ferrol-Estepona, que veremos en directo na G2 e en AGalega.gal

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade