Cargando resultados...
O Ensino cae diante do Mirai Euskotren na estrea no Pazo (53-72)
As luguesas quedaron lastradas por unha porcentaxe de tiro do 30%
Foto: @EnsinoLugoCB
G24.gal
04/10/2026 14:52
Mala estrea do Ensino ante o Mirai Euskotren que se impuxo con claridade en Lugo por 53-72.
Os erros das lucenses, cunha pobre porcentaxe do 30 por cento no lanzamento, xunto co poderío interior das donostiarras acabaron por resultar determinantes no resultado final.
Van Schaik, con 15 puntos e 10 rebotes foi a xogadora local máis destacada ante un rival que se impuxo en tres dos catro cuartos.