Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Betis certifica o pase á seguinte fase da Champions League tras gañar en Bratislava (0-2)

O Betis certifica o pase á seguinte fase da Champions League tras gañar en Bratislava (0-2)

Dous goles do "Cucho" Hernández outorgaron a vitoria ó equipo de Pelegrini na casa do Slovan

Con doce puntos no peto os sevillanos loitarán agorar por entrar no Top o da competición

@RealBetis @RealBetis
G24.gal 24/11/2026 22:19

Importante vitoria do Betis en Bratislava que deixa ao equipo sevillano con doce puntos na clasificación , cos deberes feitos de cara a segunda fase, agora que chega un tramo de calendario onde se enfrontará a Como, Arsenal e Bayern de Múnic para pechar a primeira fase da competición.

Na primeira metade o Betis saíu gañador do intercambio de golpes. Os eslovacos, adestrados polo ex xogador do Fútbol Club Barcelona Yaya Toure, saíron dispostos a facer dano na portería bética pero deixando moitos ocos na zona defensiva. E desa alternancia de ocasións sairía gañador o equipo sevillano que se adiantaba no marcador grazas a unha cacholada do Cucho Hernández tras un gran centro de Ortiz desde a dereita.

Tras o descanso, e co marcador a favor, a tarefa foi mais sinxela para os verdibrancos que incrementaría a súa vantaxe cun novo remate de cabeza do Cucho, esta vez tras un saque de esquina botado por Isco. De aí o final control total da situación por parte do equipo de Pelegrini que ata se permitiu dar descanso aos seus xogadores máis importantes no treito final do partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade