Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Barça recupera a vitoria en Champions e Atlético e Vilarreal complícanse a vida

O Barça recupera a vitoria en Champions e Atlético e Vilarreal complícanse a vida

Lamine Yamal e Raphinha golean ao Aston Villa (3-0)

Atlético perde co Bayern 0-2 e o Vilarreal afunde ante o PSG (0-6)

G24.gal 03/11/2026 22:59 Última actualización 03/11/2026 23:13

Logo da derrota co PSG, o Barcelona recuperou a súa mellor versión en Europa ante o Aston Villa de Unay Emery. 3-0 no Camp Nou con gol de Lamine Yamal e doblete de Raphinha. 

Peor xornada para o Atlético de Madrid e o Vilarreal, que se enfrontaban a dous rivais moi fortes. O Atlético aguantou na primeira metade, pero o Bayern medrou tras o descanso e levou os tres puntos con goles de Lennart Karl e Laimer. 

O Vilarreal non tivo opcións diante dun PSG que foi moi superior e que xa gañaba 0-4 nos primeiros vinte minutos. O resultado final, 0-6, é demoledor para o equipo de íñigo Perez, que non remata de despegar en Europa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar