Cargando resultados...
Tere Abelleira, nova xogadora do Atlético de Madrid
Chega libre tras rematar contrato co Real Madrid este verán
Non xoga desde a súa lesión de cruzado en febreiro de 2025
G24.gal
21/10/2026 20:36
A centrocampista galega volve ao fútbol. Volverá xogar na Liga F, desta volta co Atlético de Madrid, club ao que chega libre logo de rescindir contrato co Real Madrid neste mesmo verán. Abelleira leva sen xogar desde febreiro de 2025, cando rompeu o ligamento cruzado nunha concentración coa Selección española en Inglaterra.
A campioa do mundo volve así logo dunha longa e dura lesión. Asina co Atlético ata xuño de 2027 e desde o club madrileño informan que se vai someter a unha artroscopia no xeonllo para "optimizar a súa recuperación e facilitar o regreso á competición".