Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta en Glasgow cunha misión: "Cando antes sumemos, máis tranquilidade para todos"

O Celta en Glasgow cunha misión: "Cando antes sumemos, máis tranquilidade para todos"

Giráldez aposta por gozar máis do xogo e liberarse de presións en Europa

3000 seareiros estarán animando aos celestes no Celtic Park

G24.gal 21/10/2026 19:00

O Celta e o celtismo celebran un partido histórico que volve levar ao seu equipo a un dos grandes escenarios de Europa, o Celtic Park. En Glasgow enfrontaranse de novo ao Celtic en competición Europea, algo que non sucedía desde a temporada 2001-02. 

O encontro, da terceira xornada da fase de grupos da Europa League, enfronta dous equipos que chegan sen ningún punto ao seu marcador europeo e que necesitan sumar xa para non descolgarse da pelexa pola clasificación.

Claudio Giráldez quixo destacar na previa o importante que é este partido para o todo o club e o esforzo que hai neste partido: "traballamos moito para poder xogar no Celtic Park e agardamos facer un bo partido". Xunto ao equipo, 3000 seareiros: "agrazadémoslles que sempre fagan un esforzo para acompañarnos". 

Cre tamén que chegan mellor preparados a este partido que aos anteriores da Europa League, con Aspas, Ilaix, e Febas descansados, coa recuperación de Pablo Durán e o reforzo de Antañón e Burcio no medio do campo.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade