O Celta viaxa a Glasgow coa obriga de sumar
O cadro vigués afronta a terceira xornada da Europa League despois de perder os dous primeiros encontros
Haberá 3.000 afeccionados acompañando o equipo no Celtic Park
O Celta afronta a terceira xornada da Europa League coa obriga de sumar. Despois de perder nos dous primeiros encontros diante do Omonia Nicosia e Juventus o equipo de Claudio Giráldez ten que comezar a meter puntos no peto para manter opcións de clasificación de cara á seguinte fase.
Xogará diante dun Celtic de Glasgow que está na mesma situación que o Celta. Perdeu contra o Ferencvaros (1-3) e diante do Benfica (4-1) e chega á cita coa mesma presión que o equipo galego. Haberá un grande ambiente nas bancadas do Celtic Park cuns 3.000 seareiros do Celta nas bancadas.
O Celta viaxa con moitas ausencias por lesión. Non estarán Borja Iglesias, Starfelt, Álvaro Núñez, El Abdellaoui e Miguel Román polo que Claudio tivo que botar man do filial. Aparte dos habituais como Hugo Burcio, incorpora a Milla e Ángel Arcos que estiveron xogando co Fortuna o pasado luns.