Duro castigo para o Celta no último minuto ante a Juventus (1-2)
Os italianos remontaron o partido na segunda metade
Hugo Álvarez marcou o gol dos celestes
A piques estivo o Celta de volver vivir unha noite máxica europea ante a Juventus en Balaidos. Un Celta que xa merecía máis co empate, deixou escapar o partido no último minuto.
Hugo Álvarez facía soñar aos vigueses cun gran gol no minuto 18. Unha xogada colectiva dentro da área rival e unha gran asistencia de Williot, que ve chegar a Hugo desde atrás e que remata a gol. O Celta ía ao descanso por diante do marcador e defendendo moi ben a unha Juventus que non atopaba a portería de Radu. Os vigueses con balón manexaban a Juventus.
A segunda metade comezaba con esa mesma actitude, pero un erro de Marcos Alonsos propicia o gol do empate de Woltemade no 58. Desde ese momentos, os dous equipos tiveron ocasións de marcar o segundo. Cando todo parecía que ambos asinaban o empate, Kolo Muani facía o segundo da Juventus no engadido.
O Celta acumula dúas derrotas en sendos partidos da Europa League, o que os deixa sen marxe de erro para pasar de fase. O seguinte rival, o Union Sant Gilloise, empatou esta mesma tarde coa Real Sociedad 1-1.