Cargando resultados...
Aspas, na previa do Celta-Juventus: "Non lle temos medo a ninguén"
O capitán celeste leva un mes sen xogar
G24.gal
14/10/2026 15:33
Iago Aspas leva un mes sen xogar por unha rotura de fibras na perna esquerda. Será titular mañá contra a Juventus ante as baixas por lesión de Borja Iglesias e Pablo Durán?
"Non o falei aínda con Claudio, pero os 28 estamos desexando xogar", confesou o moañés.
O Celta perdeu en Chipre ante o Nicosia (1-0) na primeira xornada da Liga Europa.
"Tivemos unha oportunidade de puntuar en Chipre, non o conseguimos e agora cada partido en Europa é case como unha final", afirma Aspas, que resalta o potencial da Juventus: "É un partido na casa contra un dos mellores rivais da competición. É un partido moi moi difícil, pero non lle temos medo a ninguén".