Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta saca un empate sen goles da visita ao Martínez Valero

O Celta saca un empate sen goles da visita ao Martínez Valero

O Elxe tivo algunhas ocasións para marcar, pero Driouech gozou da máis clara para os vigueses no 88

O Celta consolídase como equipo menos goleado da categoría

G24.gal 11/10/2026 15:52

O Celta sacou un traballado empate do Martínez Valero, nun partido con poucas ocasións pero que puido caer cara calquera dos dous lados.

O partido comezou co Elxe pisando máis terreo vigués, e o primeiro aviso deuno Gonzalo Villar, cun remate desde a frontal que detivo Radu. O Celta defendía con orde, pero un erro na saída de Javi Galán deulle un gran susto. Rouboulle a pelota Rubén Sánchez, e o seu remate botou sobre a escadra.

Aos poucos, o Celta comezaba estirarse cara a área de Dituro, e o primeiro remate foi de Jutglá, pero marchou á esquerda de Dituro. E un centro de Jutglá pasada a media hora paseouse sen que ninguén chegase ao remate.

No minuto 39 chegou outra ocasión clara do Elxe, nun centro de Revivo que, tras o rexeitamento, caéulle a Tete Morente, pero este quedou sen espazo e Radu acabou blocando o balón. A última da primeira metade volveuna ter Jutglá, cun control e remate desde a frontal que saíu moi cruzado.

A segunda metade comezou con outra ocasión clara do Elxe, cun centro de Lemar que rematou alto Fer Niño. E os dous primeiros intentos do Celta quedaban invalidados por fóra de xogo, o máis claro un pase en profundidade cara Pablo Durán que non chegou por pouco.

O partido seguía aberto, e a seguinte ocasión foi clara para o Elxe, cun remate de Marc Aguado que saiu preto do arco de Radu.

No minuto 88 chegou a máis clara para o Celta, nun balón longo tras o que quedou do Driuech, pero o seu remate desde a frontal marchou lambendo o pau de Dituro. E aínda tivo outra o Elxe no engadido, cun remate de Neto que rexeitou con apuros Radu. Ao final, empate sen goles nun encontro con poucas ocasións, e o Celta suma un punto máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos