Soriano bótase o Obradoiro ás costas para darlle a primeira vitoria no Sar (91-89)
O pivote dominicano foi o máis destacado do partido con 22 puntos e 8 rebotes
O equipo santiagués estivo sempre por riba no marcador pero o Lleida rozou o empate nos últimos minutos
O Monbus Obradoiro sumou a segunda vitoria da temporada, primeira no Multiusos do Sar despois de gañarlle a iLerna Lleida por 91-89 nun partido no que foi case sempre por diante pero no que o equipo visitante a piques estivo de forzar a prórroga.
O partido comezou igualado, e axiña destacaron dous nomes propios. Álex Galán comandaba as operacións do Monbus Obradoiro, mentres McGhee sostiña a anotación do Lleida con catro triplas que lle permitían ao seu equipo agardar o seu parcial (22-24). Chegou entón un novo parcial galego de 11-2, para encamiñar o partido ao descanso cun resultado favorable. Pechábao Joel Soriano cun mate espectacular (49-43).
No terceiro cuarto o Obradoiro mantivo a diferenza derrador dos 10 puntos cunha boa actuación de Agada na dirección e na anotación (69-60). Todo quedou para o último cuarto no que o Lleida se botou enriba. Unha tripla máis de McGhee (75-74) apertaba o resultado. O Obradoiro non perdeu o mando en ningún intre pero conseguiu igualar novamente a dez segundos do final (89-89). Dous tiros libres de Soriano, o máis destacado do partido con 22 puntos e 8 rebotes, e unha última acción desacertada de McGhee deixaron o definitivo 91-89.