Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gran susto no adestramento do Breogán polo nocello de Tevin Brown

Gran susto no adestramento do Breogán polo nocello de Tevin Brown

Ao escolta quedoulle o pé debaixo do soporte da canastra nunha acción da sesión do xoves

O sábado (21:00 horas) xoga diante de Xirona e coa euforia da afección despois das dúas vitorias no inicio do campionato

G24.gal 08/10/2026 12:59 Última actualización 08/10/2026 13:01

Gran susto no adestramento do xoves do Río Breogán. O escolta Tevin Brown sufriu un problema e quedoulle o pé debaixo do soporte da canastra. No equipo lugués aínda non sabían o alcance da lesión de nocello. Se ía quedar nun susto ou se a cousa ía a máis. 

Tevin Brown (15,5 puntos de media) está a ser unha das grandes bazas en ataque do Río Breogán neste inicio de competición no que o equipo galego sumou dúas vitorias noutros tantos partidos. O sábado xogan contra o Xirona de Moncho Fernández (21:00 horas) no Pazo Universitario de Lugo diante dunha afección ilusionada. 

"Iso é moi bo para Breogán, non son ninguén para quitar a ilusión" asegurou na previa Luis Casimiro. Pero o adestrador ten os pés no chan: "Como adestrador teño que ir contra corrente. Cando a cousa está mal teño que xerar ilusión e cando imos moi ben, como neste caso, poñer os pés no chan e baixar a euforia" comentou na previa do partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade