O Breogán cae na pista do Valencia Basket nun partido de record (129-111)
O campión celebrara o 40 aniversario, e tivo que pelexar ata o final para levar o triunfo
O Breogán acabou cedendo no segundo encontro de máxima anotación conxunta sen prórroga
Na casa de Mercadona volveron as ofertas de todo a cen como en 1986, o ano de fundación dun Valencia Basquet de celebración. E para festexalo, os levantinos bateron o seu rexistro de anotación ante un invitado de luxo que o esixiu o máximo. O primeiro cuarto, xogado a un ritmo frenético, estivo marcado polo acerto e a igualdade. 31-29, con Corbalán e Andric en plan estelar.
Un parcial de 8-0 no inicio do segundo semellou romper o partido, pero duas triplas consecutivas de Andric, autor de 18 puntos e 23 de valoración, mantivo as esperanzas lucenses. Sen embargo, finalmente, os galegos, marcharon o descanso 61-51, castigados pola inspiración de Taylor e de Brooks.
No terceiro cuarto, os valencianos volveron marcharse no marcador grazas a achega dun Mirotic imparable que puxo o seu equipo con quince puntos de vantaxe. Sen embargo, nunha reacción espectacular, os de Casimiro anotaron cinco triplas consecutivas que os meteron de novo no partido o final do terceiro cuarto, 90-85.
O choque decidiuse finalmente no último cuarto no que oito perdas breoganistas e un parcial de 39-26, con tres triplas e once puntos de Brooks levaron o marcador ata o 129-111 final. Este resultado supón a segunda mellor anotación conxunta da historia sen prórroga, oito días despois de que os galegos superasen o mellor rexistro desde 1990. De marca en marca, o Breogán tira porque lle toca.