Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Fortuna empata co Valladolid nun remate de partido tolo en Balaídos

O Celta Fortuna empata co Valladolid nun remate de partido tolo en Balaídos

Angelito marcou o 2-0 que sentenciaba o choque, pero foi anulado por falta previa

Na secuencia de xogadas seguinte, empatou o Valladolid tras un erro no despexe

E aínda tivo o triunfo fo filial na última, tamén de Ángel

Foto: @Laliga Foto: @Laliga
G24.gal 22/11/2026 20:27

Outra vez a mala fortuna, e tamén algunha decisión arnitral, deixaron ao filial do Celta co mel nos beizo, despois de dominar no marcador e tamén no xogo ao Valladolid durante moitos minutos.

Logo dun inicio de tanteo, o Valladolid foise facendo co control aos poucos, mentres o Fortuna deixaba entrever os seus habituais problemas atrás. Un mal pase de Oliveras provocaba un córner, que desembocaba na primeira ocasión clara dos pucelanos. Desbaratouna Coke cunha gran parada. E, pouco despois, unha internada de Dani Pérez acabou cun pase da morte rematado incomprensiblemente fóra. 

O Fortuna non se deixou dominar, e foi gañando terreo, aínda que sen crear ocasións claras ata o trreito final. Foi aí cando chegou o primeiro remate, de Vlad Silva, e unha cabezada de Meixús á saída dun córner que marchou fóra.

A segunda metade tamén a comezou ben o equipo vigués, cunha conducción de Ángel Arcos que saíu rexeitada a córner. E, xusto a seguir, o primeiro gol, nun barullo tremendo na área que rematou finalmente Meixús. Tocaron ata dous defensores no intento de sacar o balón, pero este acabou no fondo da rede para adiantar ao Fortuna.

Co marcador favorable, un escenario pouco habitual esta temporada para o Fortuna, os de Fredi xogaron cómodos, sen renunciar a marcar o segundo. Pero tamén buscaba o Valladolid o empate, e tivo que aparecer Coke para facer un paradón pouco despois do gol, e outro xa no treito final.

Nos últimos minutos pasaron moitas cousas. Foi anulado un gol do Valladolid por falta sobre Coke. Xusto despois, Ángel Arcos anotaba o segundo do Celta logo dunha conducción espectacular, pero foi anulado tras consulta co Var por unha falta ao bordo da área celeste. Falta que desembocou nun córner, e no tanto do empate de Barberá, despois dun mal despexe de Capde. Mazazo para o Fortuna que, malia a todo, tivo a vitoria outra vez nas botas de Ángel, nun remate desde a frontal que sacou Álvaro Acebes de xeito milagreiro. Ao final, empate a uns en Balaídos, que lle sabe a pouco ao Fortuna polo xeito de producirse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade