Cargando resultados...
O Celta Fortuna pecha mañá a xornada en Albacete
Fredi recupera para o encontro dous xogadores importantes: Óscar Marcos e Anxo Rodríguez
G24.gal
15/11/2026 13:11
O Celta Fortuna xoga mañá, pecha a xornada en Albacete a partir das 20:30h. E esta mañá celebraba a súa última sesión de traballo, pasada por auga, en Afouteza.
Fredi foi recuperando xogadores esta semana. Xa poderá contar con Óscar Marcos e Anxo Rodríguez, que recibiron a alta médica. Pezas importantes para endereitar a situación do filial celeste que leva catro xornadas sen gañar. Precisamente vaise medir cun rival directo, un ALbacete que ocupa a penúltima praza con tres puntos menos cos vigueses.