Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas cae cun rival directo en Puente Genil (33-28)

O Cangas cae cun rival directo en Puente Genil (33-28)

O equipo galego ocupa a última praza da Asobal cun único triunfo

G24.gal 15/11/2026 11:58

Entendíase como unha final adiantada e o Balonmán Cangas perdeuna. Caeu nesta novena xornada ante o Puente Genil, un rival directo pola permanencia.

Aínda que os cangueses puxéronse con dous goles de renda nos primeiros minutos non foron quen de mantela. Toparon co meta rival, Asanin, e ó descanso os galegos marchaban dous abaixo. No segundo tempo, un parcial de 7-2 acabou decidindo o choque.

No último posto da táboa, con só unha vitoria, o Cangas precisa reaccionar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade