Cargando resultados...
España vence a Bulgaria (64-85) e manténse invicta na clasificación do Eurobasket
As de Miguel Méndez, con Raquel Carrera, María Araújo e Paula Ginzo, acumulan dúas vitorias
Foto: EFE
G24.gal
15/11/2026 11:33
O martes España pecha ante Croacia esta fiestra FIBA de clasificación para o Eurobasket. Está invicta, con dúas vitorias en dous partidos. A última fronte a Bulgaria.
As españolas venceron por 21 puntos. No terceiro cuarto, un parcial 2-16 deulles o partido ás do galego Miguel Méndez. Foi unha nova exhibición de Iyana Martín con 26 puntos e 5 asistencias, ben acompañada por Raquel Carrerra con 17 puntos e por María Araújo: con 7 rebotes foi a que máis apañou na selección. España é líder de grupo.