A selección española de baloncesto acada o bronce mundial contra Alemaña (58-81)
É a cuarta medalla mundial para a selección que prepara Miguel Méndez, coas tamén galegas Raquel Carrera e Paula Xinzo no equipo
A xeración de ouro do baloncesto feminino español xa ten o seu primeiro éxito. Mallaron na Alemaña para acadar o bronce no mundial. Non acusaron a dececpción da derrota ante os Estados Unidos na semifinal. Hai catro anos nin se clasificaron, agora marchan cun terceiro posto e a sensación de que o futuro vai ser brillante. Porque agás Alba Torrens, todas xogaban unha copa do mundo por vez primeira.
O partido marchou igualado ao descanso, 40-36 para as de Miguel Méndez. Oito puntos consecutivos de Raquel Carrera empezaron a sentenciar o encontro. A ourensá rematou con 15 e 5 rebotes. Paula Ginzo volveu facer un traballo escuro pero imprescindible. Iyana Martín foi a mellor do partido: 22 puntos, 9 asistencias e 4 rebotes. 28 de valoración para unha xogadora de 20 anos, que se cansou de superar marcas neste torneo.
Cuarta medalla mundial para a selección española, a primeira deste equipo que apunta a marcar unha época porque só dúas das doce convocadas teñen máis de 30 anos.