A santiaguesa Alejandra Neira, campioa mundial junior de ciclismo
A galega fíxose co arco iris nunha apertada chegada nos mundiais que se disputan en Montreal
Grande éxito galego en ciclismo. A santiaguesa Alejandra Neira proclamouse campioa do Mundo junior na proba de ruta en Montreal.
A ciclista do Movistar vivía con moita emoción os intres seguintes a unha emocionante carreira. Alejandra Neira case non podía crer o triunfo que acababa de conseguir e que a levou ao máis alto do podio.
Todo, tras unha proba moi dura que acabou cun esprinte dun grupo reducido. En teoría había competidoras máis rápidas na chegada, pero a galega escolleu moi ben a roda a seguir e cun último esforzo sensacional entrou a primeira na liña de meta.
A súa estratexia e a fé nas súas posibilidades valeron unha medalla de ouro, como recoñecía Alejandra despois da proba: Intentei atacar no treito final, pero non puiden. Cando chegaron as outras favoritas pensei 'non teño ningunha opción'. Cando vin que aínda tiña forzas, buah!, non o creo, que sexa campioa do mundo...Agradezo ás compañeiras, que fixeron unha carreira de 10. Sen elas sería impostible", rematou.