Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alejandra Neira, campioa de Europa júnior na contra o reloxo

Alejandra Neira, campioa de Europa júnior na contra o reloxo

Hai doce días xa foi campioa do mundo en ruta

G24.gal 07/10/2026 11:35

Alejandra Neira é a nova campioa de Europa júnior na modalidade contra o reloxo, éxito que acadou hoxe en Eslovenia, dez días despois de proclamarse no Canadá campioa do mundo júnior en ruta. 

A ciclista santiaguesa logrou o ouro europeo esta mañá en Liubliana (Eslovenia) nun circuíto de 22 quilómetros cun tempo de 35'45", só tres segundos menos que a belga Laura Fivé. Foi unha carreira extraordinaria cun final emocionante.

Alejandra Neira, que ten 18 anos e é profesional co Movistar dende xaneiro, completa unha tempada espectacular: dobre campioa de España, campioa do mundo en ruta e campioa de Europa contra o reloxo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade