Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alejandra Neira, campioa do mundo en ruta: "Non o esperaba nin non mellor dous soños, incrible"

Alejandra Neira, campioa do mundo en ruta: "Non o esperaba nin non mellor dous soños, incrible"

A santiaguesa participará agora no Campionato de Europa de Ciclismo 2026, que se disputará en Liubliana (Eslovenia) do 2 ao 7 de outubro

G24.gal 30/09/2026 17:49 Última actualización 30/09/2026 17:55

Alejandra Neira conquistou a medalla de ouro tras impoñerse ao esprint nos últimos metros da carreira a outras catro ciclistas. Neira, gañadora de tres medallas de ouro nos campionatos de España júnior do 2025 e o 2026 nas probas de roteiro e contrarreloxo, chegou a Montreal como unha das principais promesas da categoría. Con todo, non esperaba levarse o título.

"Non o esperaba nin non mellor dous soños, incrible"

Coas maletas listas e a mente posta exclusivamente no asfalto esloveno. Así afronta Alejandra Neira as horas previas á súa viaxe cara ao Campionato de Europa de Ciclismo 2026, que se disputará en Liubliana (Eslovenia) do 2 ao 7 de outubro.

Doutra banda, a corporación municipal de Santiago brindará unha recepción oficial á ciclsta santiaguesa. A data está aínda por decidir, e será "tan pronto a ela lle sexa posible", dixo a portavoz do goberno, Míriam Louzao, quen este luns felicitou publicamente a Neira por ese triunfo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade