Publicador de contidos

Publicador de contidos

España reacciona tarde contra Inglaterra e volve perder 44 partidos despois

España reacciona tarde contra Inglaterra e volve perder 44 partidos despois

Os Ingleses foron gañando por 0-3, pero acabaron pedindo a hora

Oyarzábal e Nico Williams iniciaron a remonta, pero os ingleses aguantaron e rematan no primeiro posto do grupo da Liga das Nacións

Foto: EFE Foto: EFE
G24.gal 15/11/2026 22:42

A selección española volveu perder, e fíxoo nun partido decisivo da fase de grupos de Inglaterra que se complicou moito, que estivo a piques de remontar, pero que certifica o liderado dos ingleses e o segundo posto da campioa do Mundo.

Inglaterra adiantouse case chegando ao descanso. Foi despois dun penalti cometido por Cubarsí sobre Kane, que o Balón de Ouro se encargou de transformar no 0-1.

Xa na segunda metade, chegaron os tantos de Ngoyo e Ben White, que parecían deixar sentenciada a sorte deste grupo. Pero os de Luis de la Fuente non baixaron os brazos. No minuto 63 chegaba a acción que abría as portas da remonta, un penalti e cartón vermello a Anderson que transformou Oyarzábal no 1-3. 

Cos cambios, España púxolle cerco á portería de Trafford. Un dos homes que saía do banco, Nico Williams, marcou o 2-3. Pero as últimas ocasións do partido salváronas a defensa e o porteiro dos ingleses, pechando o partido con ese 2-3 que clasifica a Inglaterra coimo líder, e a España no segundo posto para os cuartos de final da Liga das Nacións. Iso si, a serie de partidos sen perder queda en 43 enconttros, novo record mundial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade