Publicador de contidos

Publicador de contidos

España asoballa a Chequia e decide o partido cun gol no desconto (0-2)

España asoballa a Chequia e decide o partido cun gol no desconto (0-2)

Marcaron Álex Baena de penalti e Marc Pubill

No outro partido do grupo Inglaterra gañou 2-1 a Croacia

G24.gal 12/11/2026 22:38

Partido en Praga, penúltimo da fase de grupos da Nations League, onde España buscaba gañar para chegar con máis comodidade ao duelo do domingo con Inglaterra. A selección de Luis de la Fuente non fallou, aínda que se viu con dificultades de cara ao gol. 

España dominou o partido de principio a fin, anulando calquera tipo de chegada da selección da República Checa, que apenas puxo en apuros a Unai Simón. O que se resistía era o gol. O primeiro chegou en forma de penalti, logo dunha man dentro da área de Ambrose que o árbitro sinalou con axuda do VAR. Alex Baena foi o encargado de transformar a pena máxima. 

Na segunda metade a tónica foi a mesma, co balón en territorio checo cunha selección española decidida a facer o que mellor sabe: combinar ata despistar ao rival e atopar ocos. Os ocos chegaban, pero non os goles. Non foi ata o tempo engadido que Marc Pubill conseguiu desenredar a portería rival e poñer un 0-2 no marcador que permite a España chegar con máis tranquilidade ao encontro con Inglaterra do domingo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade