Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mikel Merino clasifica a España aos cuartos da Liga das Nacións (1-2)

Mikel Merino clasifica a España aos cuartos da Liga das Nacións (1-2)

A selección remonta a Croacia no segundo tempo con dous goles de Merino

España pasa a cuartos da Nations como primeira de grupo

G24.gal 06/10/2026 22:15

A selección española de fútbol está xa nos cuartos de final da Liga das Nacións. Clasificouse como primeira do seu grupo logo de gañar ante Croacia por 1-2.

Tivo que remontar España o primeiro gol croata de Perisic e unha primeira metade de dominio dos locais, que tiveron máis oportunidades para aumentar a ventaxa, pero Unai Simón mantivo con vida a España.

Mikel Merino entrou na segunda metade e foi o autor dos dous goles, acostumado como está a ser o revulsivo desta selección. Hoxe volveu ser o heroe. Con este resultado, España asina pleno de vitorias nesta fase de grupos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade