Sanción a Federación Española polos cánticos racistas no partido contra Exipto do pasado marzo
A FIFA sanciona a RFEF polo España-Exipto do pasado marzo en Barcelona
Multa de 17.700 euros e o peche parcial do estadio do próximo partido
Momento do partido España-Exipto do pasado mes de marzo no RCDE Stadium
A FIFA sanciona á Real Federación Española de Fútbol cunha multa de máis de 17.700 euros polos cánticos racistas e xenófobos de parte dos afeccionados que asistiron ao pasado España-Exipto. O partido celebrouse no mes de marzo no RCDE Stadium de Barcelona, onde xoga o Español. A outra parte da sanción inclúe o peche do 15% da capacidade do próximo estadio no que a selección española masculina absoluta xogue como local nun partido amigable.
Parte dos afeccionados locais berraron "musulmán el que no bote". Desde a megafonía e as pantallas do estadio instouse en varias ocasións a que deixaran de corear eses cánticos. A Comisión de Disciplina do organismo internacional sinalou que os cánticos escoitados no estadio "utilizan claramente a identidade relixiosa como medio para discriminar ao equipo contrario".