Publicador de contidos

Publicador de contidos

España asalta Wembley para comezar dominando a Liga das Nacións (2-3)

España asalta Wembley para comezar dominando a Liga das Nacións (2-3)

A campioa do mundo adiantouse, e soubo sufrir para acabar remontado para gañar por 2-3

Foto: EFE Foto: EFE
G24.gal 26/09/2026 23:21

A selección española de Luis de la Fuente segue onde o deixou. A campioa do mundo continúa gañando, e fíxoo cun triunfo de prestixio en Wembley, templo do fútbol mundial, diante de Inglaterra para comezar comandando o seu grupo da Liga das Nacións.

Foi un partido que tivo alternativas, e que os españois comezaron gañando grazas a un gol de Lamine Yamal cando so se levaban disputados dous minutos. España estivo mellor de inicio, e puido ampliar a súa vantaxe, pero non foi quen de acadar máis goles, sobre todo porque Ferrán Torres non estivo atinado. Foille anulado un tanto por fóra de xogo, e errou dous man a man.

Os ingleses aproveitaron esta situación, e foron quen de remontar na primeira metade. Fixérono cos goles de Gordon e Kane en apènas catro minutos. 

E tiveron ocasión para ampliar a renda, pero Kane enviou ao traveseiro un penalti cometido por Rodri.

E aí apareceu a campioa do mundo para volver remontar o encontro. Igualou, no minuto 60, Baena e, no 74, Oyarzábal facía o 2-3 a prol dos de De la Fuente, que suman un novo triunfo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade