A selección española suma e segue contra Chequia (3-1)
A campioa mundial acada a terceira vitoria na Liga das Nacions
Lidera comodamente o grupo 3 con nove puntos
Foto: EFE
España segue gañando, e extendendo o seu dominio no mundo do fútbol. A selección de Ñuis de la Fuente derrotou sen atrancos á República Checa, nun partido que se lle puxo de cara xa desde o inicio. Lamine Yamal abría a conta cando so ían 6 minutos de encontro.
Nun Carlos Tartiere ateigado, os españois ampliaron a renda no treito final da primeira parte. Era o minuto 35 e Rodri remataba desde o punto de penalti superando a Kinsky, para facer un cómodo 2-0 ao descanso.
Na segunda metade, os checos buscaron a reacción, e metéronse no partido no minuto 69 por medio de Slama, que batía a Raya cun remate cruzado.
A reacción dos checos quedou frustrada pola expulsión de Krejci, que viu o segundo cartón amarelo por un agarrón sobre Roberto. E, xa no minuto 89, Míkel Merino anotaba o 3-1 definitivo, que lanza a España á busca de triunfo no seu grupo.
Foto: EFE