Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Coruña mide a súa capacidade de reacción en Xirona (domingo ás 12:00 na TVG)

O Leyma Coruña mide a súa capacidade de reacción en Xirona (domingo ás 12:00 na TVG)

O equipo de Carles Marco quere mellorar a imaxe logo da derrota contundente na casa diante de Zaragoza

O equipo de Moncho Fernández sumou dous triunfos en Europa pero comezou a ACB de xeito irregular

G24.gal 16/10/2026 11:55

O Leyma Coruña mide a súa capacidade de reacción este domingo na pista do FIATC Xirona (domingo, ás 12:00 horas na Televisión de Galicia). Non só foi a derrota contra Zaragoza da última xornada. Tamén foi o xeito de perder, nun partido no que non funcionou ningunha das pezas do equipo coruñés (71-92). 

"Sabemos o que temos que facer para xogar mellor, pero non pasa nada", comentou na previa Carles Marco quitándolle presión aos seus xogadores. "Non temos que converter nunha montaña un gran de area" dicía o adestrador consciente de que Fontajau ofrecerá unha boa posibilidade para amosar o seu verdadeiro baloncesto.

O FIATC Xirona do galego Moncho Fernández ten un calendario moi esixente pola súa participación en competición europea. Xogou esta semana diante do Dinamo de Bucarest ao que lle gañou por 87-75. En Europa leva dúas vitorias en dous partidos pero na ACB o cadro xironí tamén está irregular co mesmo balance que o Leyma -1 vitoria e 2 derrotas-.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade