Publicador de contidos

Publicador de contidos

Francis Alonso: "É bo que a xente teña ilusión por xogar a Copa"

Francis Alonso: "É bo que a xente teña ilusión por xogar a Copa"

O Río Breogán asina un inicio de liga de récord

Tres vitorias seguidas con máis de 100 puntos por partido

É o equipo máximo anotador da ACB

G24.gal 14/10/2026 16:20

O histórico inicio de tempada do Río Breogán é de récord: tres vitorias en tres xornadas con anotacións superiores aos 100 puntos por partido. Non se lembra nada igual dende hai 41 anos co Real Madrid de Lolo Sáinz campión de liga no curso 1985-86.

O equipo galego é ata o momento o máximo anotador da ACB con 326 puntos. "Hai que seguir, ter máis fame, os récords están para batelos. Hai que seguir con esa ambición e esa mentalidade fría de ter os pés no chan. Temos ambición por seguir superando récords", indicou Francis Alonso, elixido mellor xogador da terceira xornada de liga, na que, coa presenza do seleccionador Chus Mateo no Pazo, anotou 27 puntos con 30 de valoración.

Lugo ilusiónase co xogo coral e atractivo do conxunto de Luis Casimiro. A afección quere clasificarse para a Copa. "É bo que a xente teña ilusión por xogar a Copa. E está ben ter as expectativas altas. Pero máis que nunca hai que ter os pés no chan e centrarse no presente. Esta fin de semana teremos un partido duro en Andorra", destacou Francis Alonso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade