Leyma Coruña e Río Breogán queren seguir fortes na casa na xornada da Liga ACB
O Breogán quere iniciar a Liga con tres vitorias por primeira vez na súa historia contra o Xirona (21h)
Os coruñeses reciben ao Zaragoza no Coliseum, á busca do segundo triunfo (18h)
Nunca, en toda a súa dilatada experiencia en ACB, comezou o Beogán con tres vitorias nos 3 primeiros partidos. Pódeo facer hoxe se é capaz de vencer a un Xirona que gañou en Lugo por última vez da man dun Fran Vázquez que acababa de renunciar NBA por aquel proxecto chamado Akasvayu. 21 anos despois, augurase outro encontro de vertixe.
Un estilo de xogo é que do agrado dos xogadores. Incluso dos recén chegados. Seguro que poucas veces a Luis Casimiro o definiron así.
Tres horas antes dese partido, o Leyma repetirá na casa, agora fronte ao Zaragoza. Se diante do Bilbao houbo que gañar o partido dúas veces, nos 40 minutos e na prórroga, non se agardan menos dificultades fronte ao rival desta terceira xornada. Cada partido, unha final.
O Zaragoza volve a Galicia. Na súa última visita protagonizara a milagre, a dunha permanencia coa que ningén contaba xa. Para evitar revivir esa agónica experianca, o equipo maño tirou de músculo económico para armar un cadro de moito nivel. Está tarde será posto a proba no Coliseum.