Cita de altura para o Breogán e enfrontamento directo do Leyma Coruña esta xornada
Os lugueses visitan un Valencia campión e líder da Euroliga (mañá, 17h)
Os coruñeses reciben no Coliseuma ao Lleida (mañá, 12:30h)
Nin a visita o vixente campión de Liga, nin enfrontarse o actual líder da Euroliga, nin as sete derrotas sufridas nos últimos sete partidos ante o Valencia intimida o Breogán que chega coa equipaxe de confianza que viste a Luís Casimiro.
O momento actual dos lucenses, con cinco vitorias en oito partidos, invita o optimismo, pero para elo, o técnico plantexa dúas tarefas a mellorar.
Mentres tanto, o Leyma Coruña recibe o Lleida nun partido chave para as súas aspiracións de permanencia. Un triunfo coruñés poñeríao con tres de diferenza sobre un rival directo.
Para Carles Marco o factor Coliseo, onde os coruñeses lograron as tres vitorias que levan, está a resultar fundamental.