Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro apaña no Palau Blaugrana a cuarta derrota consecutiva (108-83)

O Obradoiro apaña no Palau Blaugrana a cuarta derrota consecutiva (108-83)

Os de Diego Epifanio acabaron concedendo as maiores desvantaxes no último cuarto, lastrados pola falta de acerto nas triplas

Foto: EFE Foto: EFE
G24.gal 15/11/2026 19:48

O Barcelona non deu opción á sorpresa. Amosou a razón do seu bo momento, de por que levaba oito vitorias seguidas. Da man de Martin e Brizuela tomou rápido dez puntos de vantaxe, que serían 15 no segundo cuarto. O Obra tirou de coraxe e buscou as súas opcións dentro, con Soriano; oito puntos na primeira parte. E marchou nove abaixo ao descanso. 51-40. 

A volta aguantou cun inspirado Childress o terceiro cuarto. Parcial 22-22. Pero no último o Barça esnaquizou o choque. 35 puntos anotou, con Martin e Parra como estiletes. 

108-83 foi o resultado final. Cuarta derrota seguido do Obra que segue a ter un serio problema coa tripla. Esta xornada 8 de 31. Un pobre 26 por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade