Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo cae co Mirandés no Anxo Carro (1-3) e reduce a vantaxe no liderado

O Lugo cae co Mirandés no Anxo Carro (1-3) e reduce a vantaxe no liderado

Dous ex-albivermellos, Jorge González e Unzueta, anotaron os goles que deixaban o partido moi complicado

O Lugo reaccionou tarde e non foi quen de remontar

Foto: @CDeportivoLugo
G24.gal 15/11/2026 18:59

O Lugo cedeu a súa primeira derrota no Anxo Carro. Caeu a mans do Mirandés, e con goles dos seus ex-xogadores Jorge González e Unzueta, que deixaron a misión moi complicada ao descanso. Para entón xa se mancara o lugués, que tivo que deixar o encontro.

Na segunda metade ampliou a diferenza Raúl. O Lugo non baixou os brazos, pero lastrouno a falta de acerto no remate. Os de Borja desaproveitaron unha manchea de ocasións, e so foron quen de acurtar diferenzas de penalti, nunha acción na que Markel foi expulsado. Marcou desde os once metros Álex Costa e o Lugo envorcouse na área dos mirandeses. Pero a reaccción quedou aí, e os puntos voaron cara o Ebro.

O Lugo segue de líder, pero ve recortada nun punto a súa renda sobre a UD Logroñés, que salvou un empate no engadido do seu partido. Agora, os de Borja teñen catro puntos antes do derbi contra o Pontevedra, que é terceiro a sete puntos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade