O Rácing non pode cun Bilbao Athletic con 10 en Lezama (0-0)
O filial do Athletic quedou con 10 aos 11 minutos por dobre cartón de Beñat
Pero o Rácing, malia a crear boas ocasións, non puido marcar e quedou co empate
O Racing de Ferrol non puido pasar do empate sen goles en Lezama. O equipo departamental leva catro xornadas sen gañar. E hoxe deixou fuxir unha boa oportunidade de facelo.
Porque o partido quedou condicionado pola expulsón de Beñat García no Athletic, por dobre cartón ós once minutos. Pero o Racing non conseguiu sacar proveito da súa superioridade, malia crear ocasións non definiu ben nos remates.
O Athletic B buscou contras e tras un saque de esquina quedou mancado no ombreiro o porteiro do Racing, Lucas Díaz, que non puido continuar. Debutou César, formado no Celta. 0-0 entre o Racing e o filial do Ahtlétic de Bilbao, que deixa aos ferroláns con 18 puntos na táboa.