Publicador de contidos

Publicador de contidos

Agónica vitoria do Pontevedra no derbi ante a UD Ourense (1-0)

Agónica vitoria do Pontevedra no derbi ante a UD Ourense (1-0)

Os locais gañaron cun gol no 90' en propia de Noel tras remate de Compa

Partido marcado polas expulsións: unha no Pontevedra e dúas no Ourense

G24.gal 07/11/2026 18:29

Segunda vitoria consecutiva en Pasarón para o Pontevedra, que tivo que traballar moito estes tres puntos no derbi coa UD Ourense. O partido estivo revolto desde o principio, cos dous equipos poñendo todo o que tiñan sobre a mesa. Tanto, que a primeira metade acabou con dous xogadores expulsados: David Alba do Pontevedra e Labrada do conxunto ourensán. 

A UD Ourense, na que se estreaba Agustín Ruiz no banco, parecía querer xogar con máis claridade que os locais, pero as ocasións sucedíanse en ambas áreas. Tamén na segunda metade, na que o guion foi semellante. Ocasións máis claras para Xabi Dominguez na UDO e Compa e Rui Pedro no Pontevedra. A UD Ourense complicábase a vida logo da expulsión de Bastida por dobre amarela, o que deixaba aos ourensáns con nove xogadores.

Destacado partido de Manu Vizoso na portería da UDO, que finalmente non puido evitar o gol local. A insistencia do Pontevedra nos últimos minutos tivo premio: cabeceu Compa un centro de Argos e Noel González rematou despexando o balón dentro da súa propia portería no minuto 90.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade