Publicador de contidos

Publicador de contidos

Giráldez, positivo antes do Levante: "Saímos fortalecidos da última derrota"

Giráldez, positivo antes do Levante: "Saímos fortalecidos da última derrota"

O adestrador do Celta fala dun bo partido ante o Saint Gilloise que debe darlles confianza

Sobre o Levante: "Poden competir contra calquera" 

G24.gal 07/11/2026 17:12

O Celta de Vigo recibe ao Levante en Balaídos o domingo ás 18:30h, un equipo "que pode competir ante calquera", para Claudio Giráldez. O adestrador celeste valorou ao seu próximo rival como un conxunto "incómodo e recoñecible."

Para facerlles fronte, Giráldez confía en que o seu Celta saia reforzado da última derrota na Europa League. "A parte positiva do xoves é que fomos superiores a un equipo de moito nivel. Levamos menos puntos dos que merecemos", e pide aos seus xogadores ese nivel e agresividade. "Pasaron moitas cousas que nos deben dar confianza".

No Levante, o rival desta xornada, están os cedidos Manu Sánchez e Hugo Sotelo. Sánchez non xogará por molestias e Sotelo está pouco a pouco recuperando a forma logo dun comezo accidentado. Para Giráldez, "a súa sorte será a nosa", e agarda que medre o protagonismo dos dous no club levantino. 

En canto aos xogadores dispoñibles, o Celta acusa as moitas e sensibles baixas das últimas semanas. Xogadores importantes como Borja Iglesias, Starfelt, Jones ou Álvaro Núñez. De todos eles, asegurou o técnico que están progresando ben das súas lesións e agarda telos de volta para o partido do Bernabéu do 21 de novembro. "Caso diferente é o de Miguel Román, que pola súa lesión, tardará máis en volver". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade